Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 13 de maio

O prezo mínimo desta sexta feira, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, deuse entre as 3 e as 4 horas, mentres que o máximo será de 20 a 21 horas.

Segue en Nós Diario a evolución do prezo da luz. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O prezo medio da luz volve subir por riba dos 280 euros/MWh. (Foto: Nós Diario)

prezo medio da electricidade no mercado maiorista sobe esta sexta feira até os 282,89 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta sexta feira darase entre as 20 e as 21 horas, con 350,35 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 227,72 euros/MWh, rexistrouse entre as 3 e as 4 horas.

Esta sexta feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 202,99 euros/MWh.

Deste modo, experimenta un ascenso de case 16 euros a respecto dos 187,27 euros/MWh de media desta quinta feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta sexta feira será 239% superior aos 59,8 euros/MWh do 13 de maio de 2021.

Por outra parte, o prezo medio do mes de abril foi de 191,52 euros/MWh, case 90 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).

Comentarios