ECONOMÍA

Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 13 de abril

Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 13 de abril

O prezo mínimo desta cuarta feira, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, deuse entre as 4 e as 5 horas, mentres que o máximo será de 21 a 22 horas.

Factura da luz, electricidade, prezo da luz... (Foto: Nando Vidal)
photo_camera O prezo medio da luz é hoxe 200% máis caro que hai xusto un ano. (Foto: Nando Vidal)

prezo medio da electricidade no mercado maiorista cae levemente esta cuarta feira até os 317,37 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta cuarta feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 385,23 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 248,66 euros/MWh, rexistrouse entre as 4 e as 5 horas.

Esta cuarta feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 229,44 euros/MWh.

Deste modo, é 7,86 euros máis barato que os 237,3 euros/MWh da terza feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).+

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta cuarta feira será 203,9% superior aos 75,5 euros/MWh do 13 de abril de 2021.

Aliás, o prezo medio do mes de marzo fechou en 283,3 euros/MWh, 80 euros por riba de febreiro.

comentarios