Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 12 de maio

O prezo mínimo desta quinta feira, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, deuse entre as 00 e as 1 horas, mentres que o máximo será de 21 a 22 horas.

luz europa press
photo_camera A luz é hoxe 253% máis cara que o 12 de maio de 2021. (Foto: Europa Press)

prezo medio da electricidade no mercado maiorista fica esta quinta feira en 265 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta quinta feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 345,98 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 207,94 euros/MWh, rexistrouse entre as 00 e as 1 horas.

Esta quinta feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 187,27 euros/MWh.

Deste modo, experimenta un mínimo ascenso de apenas 43 céntimos a respecto dos 186,84 euros/MWh de media desta cuarta feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta quinta feira será 253% superior aos 53,04 euros/MWh do 11 de maio de 2021.

Por outra parte, o prezo medio do mes de abril foi de 191,52 euros/MWh, case 90 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).

comentarios