Este é o prezo da luz por horas de hoxe, 1 de xuño

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta cuarta feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 390,76 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 235,87 euros/MWh, rexistrarase entre as 16 e as 17 horas.

Segue en Nós Diario a evolución do prezo da luz. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Segue en Nós Diario a evolución do prezo da luz. (Foto: Nós Diario)

prezo medio da electricidade coa tarifa regulada sitúase esta cuarta feira até os 289,83 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España.

Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta cuarta feira darase entre as 21 e as 22 horas, con 390,76 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 235,87 euros/MWh, rexistrarase entre as 16 e as 17 horas.

Esta cuarta feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 210,45 euros/MWh.

Deste modo, diminúe 1,58% a respecto dos 213,82 euros/MWh de media desta terza feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre.

En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta cuarta feira será 143,13% superior aos 86,56 euros/MWh do 1 de xuño de 2021.

Por outra parte, o prezo medio do mes de abril foi de 191,52 euros/MWh, case 90 euros por baixo de marzo, que deixou o rexistro máis elevado da historia (283,3 euros/MWh).

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios