O prezo da luz dispárase 76% esta segunda feira

Situarase en 132 euros/MWh.

Segue a evolución do prezo da luz en 'Nós Diario'. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Segue a evolución do prezo da luz en 'Nós Diario'. (Foto: Nós Diario)

O prezo media da luz para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado almacenista subirá esta segunda feira até os 132,07 euros por megawatt hora (MWh), o que supón 76,68% máis que os 74,75 euros/MWh deste domingo

Na poxa, o prezo medio da luz no mercado almacenista -o denominado 'pool'- situarase esta segunda feira en 134,98 euros/MWh. O prezo mínimo, de 87,9 euros/MWh, darase entre as 03:00 e as 04:00 horas, mentres que o prezo máximo rexistrarase entre as 20:00 e as 21:00 horas, cando será de 186,21 euros/MWh.

A este prezo do 'pool' súmase a compensación ás gasistas, que ten que ser abonada polos consumidores beneficiarios da medida, os consumidores da tarifa regulada (PVPC) ou os que, a pesar de estar no mercado libre, teñen unha tarifa indexada, que para esta segunda feira situarase en -2,91 euros/MWh.

9,92% menos que sen aplicarse a ‘excepción ibérica’

En ausencia do mecanismo da 'excepción ibérica' para topar o prezo do gas para a xeración de electricidade, o prezo da luz no Estado español sería de media duns 146,62 euros/MWh, o que supón 14,55 euros/MWh máis que coa compensación para os clientes da tarifa regulada, que pagarán así 9,92% menos de media.

O 'mecanismo ibérico', que entrou en vigor o pasado 15 de xuño, limita o prezo do gas para a xeración eléctrica a unha media de 48,8 euros por MWh durante un período de doce meses, cubrindo así o próximo inverno, período no que os prezos da enerxía son máis caros.

En concreto, a 'excepción ibérica' fixa unha senda para o gas natural para xeración de electricidade desde un prezo de 40 euros/MWh nos seis meses iniciais, e posteriormente, un incremento mensual de cinco euros/MWh ata a finalización da medida.

Comentarios