O prezo da luz baixa 34,5% este sábado, até os 27,5 euros por MWh

Este será o prezo medio diario máis baixo no mercado maiorista da electricidade desde o pasado 28 de decembro, cando rexistrou 20,04 euros por MWh.

O prezo da luz repunta esta segunda feira (Foto: Nós Diario).
photo_camera Os prezos comezan a estabilizarse de novo tras o paso da vaga de frío (Jesús Hellín / Europa Press)

O prezo medio diario da luz no mercado maiorista baixa este sábado 34,5% con respecto ao marcado na sexta feira, confirmando así a estabilización nos prezos tras o paso da vaga de frío e a maior participación das renovábeis, fundamentalmente a eólica, no 'mix' enerxético.

En concreto, o coñecido como pool, cuxos prezos diarios son fixados cun día de antelación, marcou para este sábado, 23 de xaneiro, un prezo medio diario de 27,5 euros por MWh, segundo datos recollidos a partir do operador do mercado ibérico (Omie).

Este será o prezo medio diario máis baixo no mercado maiorista da electricidade desde o pasado 28 de decembro, cando rexistrou 20,04 euros por MWh.

O descenso débese, principalmente, á caída na demanda, especialmente por ser fin de semana, e á maior participación das renovábeis, especialmente a eólica, na xeración.

De feito, a demanda prevista é 10 xigavatios hora (GWh) inferior á do sábado da semana pasada e a eólica será 280 GWh superior, segundo fontes do sector.

Prezo comparado

O prezo da luz no mercado español será hoxe inferior aos da contorna: o francés rexistrará un prezo de 51,8 euros por MWh, o alemán de 51,7 euros por MWh e o británico de 64,8 libras (uns 72,7 euros) por MWh.

Tamén a poxa de gas no Mercado Ibérico (Mibgas) para marcou caída nos seus prezos, con 22,5 euros por MWh, fronte aos 28,2 euros MWh anteriores.

Comentarios