É unha das imaxes de si propio da que máis gosta Alberto Núñez Feijóo, que máis pregoan e destacan os medios afíns e que mesmo chegou a callar en segmentos non pequenos da sociedade galega: Feijóo como un bo xestor. O presidente que, por riba de cuestións ideolóxicas, mantén as contas da Galiza saneadas e a salvo. El propio, en intervencións no Parlamento, tense gabado de ‘salvar’ a autonomía ao non ter que recorrer a mecanismos do Estado para se financiar. “Galiza ten risco cero de ser intervida”, manifestou en 2012 para sacar peito fronte a outros territorios –Catalunya, Valencia... –.
Mais esa imaxe de bo xestor que tanto lle presta ten un custo, e este non é pequeno. Un deses custos foi calculado polo economista e deputado de En Marea Manuel Lago, que cifrou en 1.670 millóns de euros o que na Galiza pagamos de máis por esa decisión da Xunta de se financiar a través de bancos e fondos privados e non mediante os mecanismos públicos dispoñíbeis. Beneficios “moi suculentos para os bancos en detrimento da cidadanía” nunha “operación de imaxe e propaganda” a maior gloria de Feijóo.
[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 260, á venda na loxa e nos quiosques habituais]