INFORME COAG

O prezo que se paga ao gandeiro galego polo leite caeu un 26,4% en 2 anos, a maior baixa de todo o Estado

Os produtores galegos cobran 10 céntimos menos por litro a finais de 2015 que no 2013. 

gandeiro6

En novembro do 2013 o prezo medio ao que se lle pagaba en Galiza un litro de leite ao gandeiro era de 39 céntimos. Dous anos despois, en novembro de 2015, era de 28,7 céntimos, unha queda do 26,4%, a máis grande de entre todos os territorios do Estado español. Un informe elaborado pola COAG ('Da aterraxe suave a aterra como poidas') recolle ese descenso, superior ao que rivo a media española neses dous anos (20%).

O estudo indica que nese período de análise a produción de leite no conxunto do Estado aumentou, mais de novo Galiza aparece como a que ten peores rexistros: incrementou menos dun 5% mentres a media española estivo no 7%.

Peche explotacións

Nos once primeiros meses do 2015 pecharon no conxunto do Estado español 600 explotacións gandeiras. Delas, 475 en Galiza, o que supón o 70% do total e o 5% das que había no noso país.

Comentarios