O presidente de Inditex pide que non se revertan as reformas laborais: “Hai que fuxir de dogmatismos”

 Pablo Isla pide unha economía máis “flexíbel”.

Pablo Isla e Flora Pérez na última xunta de accionistas de Inditex. (Europa Press).
photo_camera Pablo Isla nunha xunta de accionistas de Inditex. (Europa Press).

O presidente de Inditex, Pablo Isla, afirmou que "non hai solucións máxicas nin fáciles" para afrontar a crise derivada da pandemia de Covid-19 e pediu "non reverter as reformas efectivas", ao tempo que subliñou que a o plan de recuperación é "moi complexo e con moitas variables", polo que reclamou responsabilidade e diálogo social.

"O plan de recuperación é moi complexo e con moitas variables e requirirá moita disciplina, constancia, rigor, imaxinación, audacia e madurez, un comportamento de gran responsabilidade por parte do Goberno, dos partidos políticos, empresarios, sindicatos e de todos os cidadáns", Afirmou na súa intervención na cimeira empresarial organziada pola patronal española CEOE, onde sinalou que se trata dunha crise de "moi grande complexidade", caracterizada pola súa "severidade, temporalidade e globalidade".

Ademais de buscar o consenso "o máis amplo posíbel", Isla considerou necesario que, en moitos ámbitos, "o que se faga saia do diálogo social".

Isla considerou clave para xerar "certeza e seguridade xurídica" para empresas e investimentos. "Cando non hai seguridade xurídica, o investimento diminúe, a seguridade xurídica é clave para planificar investimentos a longo prazo e xerar emprego. Este é o noso gran obxectivo", dixo.

Así mesmo, afirmou que é necesario "fuxir do dogmatismo e das ideas preconcibidas" nas medidas para saír da crise. "Tan importante como as medidas tomadas é non desmantelar o que funciona. Non hai necesidade de reverter reformas efectivas, a economía española debe ser máis flexíbel e competitiva; non é necesario introducir rixidez que sexan negativas para a creación de emprego ", subliñou.

En termos tributarios, o presidente de Inditex indicou que é necesario intentar levar a cabo un debate sobre como xerar máis crecemento económico e, consecuentemente, unha maior recadación "moito máis que aumentos dos tipos impositivos".

Comentarios