A presenza das mulleres nos consellos das empresas galegas é de 14%

O PP vetou a semana pasada no Parlamento de Galiza unha proposición non de lei presenada polo PSdeG en comisión para pedirlle á Xunta que garanta o cumprimento da normativa laboral en materia de igualdade polas empresas

directivos executivos sala reunións foto de indumuebles

A deputada socialista Noela Blanco acusou o PP e o goberno galego de “mirar para outro lado” mentres a presenza das mulleres nos consellos de administración das empresas galegas fica, dixo, en 14,27 por cento, fronte ao 40 por cento obrigado pola Lei para a igualdade efectiva.

“Respecto ás empresas galegas con máis de 250 traballadores, tan só 10,74 por cento cumpren coa presenza feminina mínima nos consellos de administración, por baixo do 11,23 estatal, segundo o estudo de 2017 sobre Presenza das mulleres na empresa española, realizado pola consultora Informa D&B. Lembrou así que a Lei de Igualdade no Traballo contemplaba apoio técnico para a implantación de plans de igualdade e a posta en marcha dun plan de emprego coa participación de máis de 15.000 mulleres e 300 empresas.

Esta mesma semana tamén se coñeceu un informe que alertaba da fenda salarial entre homes e mulleres en Galiza. Brecha salarial y techo de cristal elaborado polos técnicos de Facenda (Gestha) evidencia máis unha vez que as mulleres cobran en Galiza menos que os homes. Un 28,7% menos. En cifras absolutas, esa fenda é de media no Estado español de case 4.800 euros menos ao ano. Gestha destaca que farían falla sete décadas para acabar con esa diferenza salarial. Son tres millóns de traballadoras no Estado español que non chegan ao salario mínimo interprofesional (SMI). O número de mulleres con ingresos entre 50.000 e 80.000 euros é a metade dos homes.

Entre 2005 e 2015 esa fenda foise reducindo –até en 15%-, indica o informe, mais nestes anos volveu a aumentar. Territorios como que Estremadura, Andalucía, Aragón, Canarias, Castela-A Mancha, Baleares e Catalunya foron onde máis se rebaixou esa diferenza. Galiza, pola contra, está estancada e continúa coa mesma fenda de 2005. En Ceuta e Melilla, aumentou. 

Comentarios