Preocupación na automoción galega polo impacto do novo imposto de matriculación

PSA anticipa un recorte da produción ante a previsíbel caída da demanda de vehículos
Operarias de pintura da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo (Victor Cameselle).
photo_camera Operarias de pintura da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo (Victor Cameselle).

mente unha subida do imposto de matriculación, o que condicionará as vendas de vehículos novos. Este aumento débese ao fin da prórroga estabelecida polo Goberno español e que minimizaba en 2020 o impacto das novas probas de emisións, denominadas WTLP, máis exixentes que as anteriormente vixentes.

As novas probas fan que un mesmo vehículo presente valores contaminantes até 30% superiores, o que levará a elevar o seu prezo 5%, chegando nalgúns casos até 10%.

O cambio da normativa levará a que a metade dos modelos que se comercializan na actualidade teña que pagar polo menos un dos tramos do imposto de matriculación, do que están exentos os vehículos menos contaminantes. 

Esta decisión preocupa especialmente os fabricantes, no caso da Galiza a PSA, que mesmo xa baralla un recorte de produción de 1.500 vehículos para o próximo ano á vista da modificación.

Desde o grupo francés, que conta cunha planta de produción en Vigo, mesmo se puxeron en contacto co Executivo estatal para pedirlle que o impacto do novo regulamento fose progresivo, xa que ven en perigo as súas vendas no mercado español, posto que 75% das máis de 100.000 unidades que producen ao ano estarían afectadas. 

Como explica a Nós Diario María Xosé García, responsábel de CIG Automoción, "coa crise da Covid e cuns salarios cada vez máis precarios, se as persoas traballadoras non dispomos dun soldo que nos dea para vivir, comprar un coche vai ser inviábel". Este é un dos motivos que leva a xente a apostar no mercado de segunda man. 

García sinala que en Vigo tamén se producen vehículos eléctricos, pero que o seu alto prezo e a escasa infraestrutura de recarga son dúas fortes barreiras de entrada para as persoas que sopesan cambiar de coche. 

Nese sentido, cre que a Xunta debería "pórse as pilas" para adiantarse a esta nova realidade e evitar que o sector "vaia á deriva". "Tal e como está o país non se pode ter un coche eléctrico. Se vou de Vigo a Santiago non teño nin onde cargalo. É unha desestrutura total", lamenta.

Ao igual que PSA, a responsábel da CIG cualifica de "insuficientes" as axudas para a compra de vehículos das diferentes administracións. "De nada serven as axudas se logo cambian as condicións", por iso pide unha saída que non teña que pagar a clase traballadora.

Comentarios