Precisas mudar os teus electrodomésticos? Así podes acceder á nova liña de axudas

O prazo para adherirse a este programa por parte dos negocios comeza esta cuarta feira e dura até o 30 de xuño.
Serán subvencionábeis os seguintes electrodomésticos: mesados de indución total, lavadoras, lavalouzas, frigoríficos e conxeladores (Foto: Goberno de Aragón).
photo_camera Serán subvencionábeis os seguintes electrodomésticos: mesados de indución total, lavadoras, lavalouzas, frigoríficos e conxeladores (Foto: Goberno de Aragón).

O director xeral de Planificación Enerxértica e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, presentou esta terza feira o programa 'Galiza Renova Electrodomésticos', que ten por obxectivo financiar a renovación dos electrodomésticos nos fogares galegos con axudas que irán desde os 100 aos 450 euros por familia.

Este plan da está xa publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG). As axudas son de concorrencia non competitiva e os fondos resérvanse por orde de solicitudes, as cales se xestionan mediante as entidades colaboradoras.

O Executivo galego aclara que poden ser entidades colaboradoras todos aqueles estabelecementos comerciais que se dediquen de forma total ou parcial á venda de electrodomésticos.

O prazo para adherirse a este programa por parte dos negocios comeza esta cuarta feira e dura até o 30 de xuño.

Por outro lado, as solicitudes das subvencións por parte das familias pódense solicitar a partir do 8 de febreiro, con data límite o 30 de setembro.

O orzamento total destinado ao plan é de 3 millóns de euros.

Con estas axudas pódese abonar 25% do valor dun electrodoméstico para "o consumidor xeral" e até 75% no caso das familias "máis vulnerábeis economicamente".

Contía das axudas

Isto fai que, segundo o modelo de electrodoméstico e o estado económico dos beneficiarios, as axudas poidan ir desde os 100 euros aos 450.

Serán subvencionábeis os seguintes electrodomésticos: mesados de indución total, lavadoras, lavalouzas, frigoríficos e conxeladores.

Estes deberán ter unha cualificación enerxética A, B, C, ou mesmo D, no caso de que sexan neveiras ou conxeladores.

Comentarios