O PP reduce a manifestación do sector do mar a un protesto “exclusivamente político”

A conselleira do Mar anuncia unha xuntanza para avaliar as demandas e peticións do sector.

manifestacion mar GZcontrainfo
photo_camera Imaxe: GZcontrainfo

Miles de persoas ateigaron Compostela este sábado na defensa do sector do mar no que foi unha das mobilizacións máis numerosas dos últimos anos e o PP redúceo a un protesto “exclusivamente político”. Así o dixo o portavoz parlamentar dos populares, Miguel Tellado, que falou de “ fins partidistas e políticos”, de “manipulación interesada” e criticando que se promovense a asistencia á manifestación “mediante o uso de recursos das administracións públicas de algúns concellos”, engadiu Tellado.m Entre eses concellos, tamén os había do PP.

“Estase usando aos homes do mar de forma interesada para facerlle oposición ao Goberno galego”, engadía o voceiro. É a resposta do PP a unha mobilización que reuniu 50.000 persoas, segundo os organizadores, para amosar o seu rexeitamento ás políticas da Xunta para co sector do mar.

Quintana

De por parte, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, afirmou nunha entrevista na Radio Galega que “asume a culpa” e dixo lamentar que se chegase á situación actual. Unha das consignas máis coreadas na mobilización foi a da petición de demisión de Quintana e da súa man dereita, Juan Carlos Maneiro. 

Comentarios