Pontevedra colle o relevo de Lugo e Compostela na campaña gandeira contra Lactalis

Ducias de produtores informaron perante o Hiper Froiz os clientes do conflito coa multinacional gala.

lactalis A3
photo_camera Imaxe: A3

Pontevedra colleu o relevo de Santiago e Lugo na campaña dos gandeiros galegos para manter o seu boicote á multinacional gala Lactalis, primeira recolledora de leite en Galiza. Convocados por Unións Agrarias, medio cento de produtores citáronse no Hiper Froiz cda cidade do Lérez. Alí informaron os consumdiores dos motivos do seu protesto e convidáronlles a non mercar marcas da multinacional francesa, como son Puleva, RAM e President, así como queixos como El Ventero ou Gran Capitán.

Aliás, e xa no interior da superficie, procederon a retirar as marcas de Lactalis dos liñais en protesto polos incumprimentos da multinacional francesa, que xa en ocasións anteriores estivo no albo dos produtores.

Lactalis é a principal industria na recollida de leite en Galiza, con 1.200 produtores. Estas mobilizacións responden a dous motivos. Por unha banda, denunciar o que consideran que é unha “apropiación indebida” por parte de Lactalis de 2 millóns de euros procedentes da distribución e que deberían reverter nos produtores. Por outra, pedir a mellora dos contratos, que non reflicten nos prezos as melloras de cotizacións. Lactalis paga 27 céntimos.

Comentarios