Concelleir@s fuxindo por unha xanela da Casa do Concello de Ponteareas. Así finalizou o pleno nesta ocalidade do sur de Pontevedra. Unha sesión na que ducias de estafad@s polo calote das prefrentes exixiron ao grupo de goberno, do PP, que os apoiasen de xeito firme e decidido, mesmo prantando cara ás direcións autonómica e estatal do partido. A resposta do rexedor popular, que acusou ao voceiro d@s estafad@s de non estar afectado polo calote das participacións preferentes, alén de dicirlle despectivamente que era "un sindicalista", non axudaron a calmar os ánimos.
Aliás, ás portas do Concello había concentradas por volta de 200 persoas, vivíndose intres de tensión (o xefe da Policía Local resultou ferido ao caer polas escaleiras após un empurrón).
Un importante desplegue, con tres vehículos da Garda Civil e unidades da Policía Local, que pecharon as portas da Casa do Concello para evitar a entrada dos e das concentradas.
O alcalde non deixou entrar á oposición
Aliás, o rexedor de Ponteareas, do PP, non deixou entrar aos concelleiros da oposición ao pleno, argumentando qiue non se atopaban alí á hora fixada para o inicio da sesión.