En plena greve das traballadoras de Bershka, Amancio Ortega ingresa esta quinta feira 628 millóns de euros

Amancio Ortega e a súa filla Sandra Ortega configúranse como as dúas primeiras fortunas do Estado español, segundo a lista Forbes.

Amancio Ortega
photo_camera Amancio Ortega

Esta quinta feira, o presidente de Inditex, Amancio Ortega, cobrou 628 millóns de dividendos procedentes da última retribución que abonará Inditex aos seus accionistas. Desta forma eleva os seus ingresos neste 2017 a 1.256 millóns de euros e eleva a súa fortuna persoal a 70.000 millóns de euros. Esta cifra equivale ao capital das 51 fortunas seguintes na mesma lista.

A cara b da moeda atopámola no parón indefinido nas tendas Bershka da provincia de Pontevedra no sexto día da greve convocada polas traballadoras, que continúan cun seguimento absoluto nos estabelecimentos de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa. Reclaman xornadas laborais máis largas fronte a contratos a media xornada, acordos nos pluses, retribucións e permisos que rematen coas diferenzas entre as distintas marcas e cadeas do grupo téxtil.

Pai e filla lideran a lista das maiores fortunas españolas, seguidos de Juan Roig (presidente de Mercadona e cunha fortuna que alcanza 4.800 millóns de euros), Miguel Fluxá (presidente de Iberostar e cun capital de 3.600 millóns de euros) e en quinto lugar Rafael del Pino (presidente de Ferrovial e poseedor dunha fortuna de 2.900 millóns de euros). O capital dos cinco empresarios constitúe 55,3% do total da riqueza do Estado español.