Piden tres anos de prisión para 2 sindicalistas da CIG que formaban parte dun piquete

Marcos Cadórniga e Carlos Aján están acusados, xunto a un sindicalista de CCOO que tamén formaba parte do piquete, dun delito contra a liberdade dos traballadores/as na folga do comercio de alimentación de 2009

Tres novos sindicalistas volven estar baixo o prisma da xustiza para ser xulgados por participaren nunha folga e con peticións de anos d cadea por parte da fiscalía. Nesta ocasión trátase de 2 sindicalistas da CIG  1 de CCOO, que formaban parte dun piquete informativo na folga do comercio de alimentación de 2009. A Confederación Intersindical Galega convoca para o martes 26 de xuño en Pontevedra unha concentración solidaria coincidindo co xuízo-

O sindicato nacionalista aforma qu "a dous compañeiros da federación de Servizos reclámanlle tres anos de cadea por ter participado na folga do comercio de alimentación na Coruña e Pontevedra en 2009". Marcos Cadórniga (liberado da federación de Servizos da CIG) e Carlos Aján (delegado da central nacionalista na empresa de supermercados Froiz) están acusados, xunto a un sindicalista de CCOO que tamén formaba parte do piquete na xornada de paro, "dun delito contra a liberdade dos traballadores/as".

Criminalización

Dende a CIG-Servizos rexeitan o proceso contra os dous sindicalistas e critican a actitude da xudicatura, das forzas policiais e dos subdelegados do Goberno español, aos que acusan de perseguir os militantes da CIG pola súa conciencia combativa. “Mentres os responsábeis da crise económica continúan a vivir con total impunidade vemos como se persegue a sindicalistas”, censuran.

Comentarios