O PIB per cápita en Galiza, 2.500 euros por baixo da media española

Xente camiñando_Youtube

A taxa de medre anual do Produto interior bruto (PIB) en Galiza en 2017 en termos de volume foi do 3,1%, como a media, segundo os datos que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE). O PIB per cápita é en Galiza de 22.497 euros, 2.500 euros por baixo da media estatal (25.000 euros).

Galiza é o onceavo territorio en renda per cápita, un 10% menos que a española. Madrid, con 33.869 euros, Euskadi, con 33.088, e Nafarroa, con 30.914, son os territorios do Estado.  

Aragón foi a comunidade autónoma que rexistrou no ano 2017 un maior crecemento do seu PIB en termos de volume (3,6%) e seguíronlle Principado de Asturias (3,5%) e Comunidade de Madrid (3,4%). Galiza foi a oitava.

Comentarios