O PIB galego caerá un 10% este ano e o paro aumentará en 2021 até o 13%

Son as previsións do Goberno galego, que anunciou hoxe que o teito de gasto sobe un 15% a 11.664 millóns.

EuropaPress_3351039_presidente_xunta_alberto_nunez_feijoo_rueda_prensa_consello_xunta_octubre
photo_camera Núñez Feixoo (Foto: Europa Press)

O Consello de la Xunta deu luz verde hoxe a un teito de gasto "excepcional" de 11.664 millóns de euros para 2021 -que agora deberá ir ao Parlamento-, o que supón unha suba do 14,9% respecto ao ano anterior.

En rolda de prensa, o presidente da Xunta, Núñez Feixoo, avanzou que a previsión de caída deste ano do PIB galego é do 9,7%, aínda que se prevé unha recuperación do 8% en 2021.

Mentres, a taxa de paro subirá ata o 12,3% ao peche deste ano -está no 11,8% na EPA do terceiro trimestre-. Seguirá en aumento o ano que vén até o 12,9%, segundo as previsións do Goberno galego.

Así, Feixoo asegurou que estas previsións "non están maquilladas" e son "realistas".

Ademais, explicou que o financiamento autonómico da Galiza baixará un 1,6% en 2021, cun total de 7.849 millóns de euros.

Comentarios