Peugeot Citröen compra Opel por 2.200 millóns de euros

Peugeot Citroën fecha a compra de Opel e da súa filial financeira en Europa por 2.200 millóns de euros. Nace así o segundo maior consorcio automobilístico en Europa, só por detrás de Volkswagen. Na Península terá catro factorías, unha delas en Vigo, e 13.600 traballadores.

Citroen

O grupo PSA fechou o acordo co consorcio estadounidense General Motors e adquire as marcas Opel/Vauzhall e as operacións en Europa da filial financeira GM Financial por 2.200 millóns de euros: 1.300 millóns para comprar Opel/Vauxhall e 900 millóns pola financiera.

Opel/Vauxhall rexistrou en 2016 unha facturación de máis de perto de 18.000 millóns de euros. Esta operación vai supoñer a creación do segundo maior consorcio automobilístico en Europa, só por detrás de Volkswagen , atinxindo unha cota de mercado no continente europeo do 17%.

Carlos Tavares, presidente do PSA, afirmou sentirse orgulloso de poder “unir forzas” con ambas as dúas marcas. A adquisición por 900 millóns de euros da filial financeira de GM en Europa, que dá servizo a 1.800 concesionarios de 11 países, levarana a piques PSA e o banco BNP cunha participación do 50% cada unha.

Expectación

O novo consorcio terá catro factorías na Península Ibérica e máis de 13.600 traballadores: PSA ten 3 fábricas (unha delas en Vigo) e 8.100 empregados e General Motos conta con factoría en Zaragoza, con 5.500 empregados.

Desde os sindicatos na empresa de Vigo mantéñense expectantes sobre unha operación da que, até o de agora, pouca información tiveron. A preocupación principal é como afectará a mesma aos postos de traballo. 

Comentarios