Pescanova presenta preconcurso de acreedores para gañar tempo e escorrentar a insolvencia

Pescanova, unha das firmas galegas de maior proxección internacional, vén de pedir o preconcurso de acreedores nun xulgado pontevedrés. Unha decisión que lle permite gañar catro meses para renegociar a súa débeda e evitar que a declaren insolvente
Pescanova
photo_camera Pescanova

Pescanova, a empresa creada a principios dos 60 e que semellaba ser toda unha referenza na implantación de as de Galiza no mundo, vén de pedir o preconcurso de acreedores no decanato de Pontevedra, organismo que agora derivará isto a algún dos xulgados galegos.

A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) confirmou esta noticia, que permitirá a esta empresa gañar un prazo de catro meses para renegociar a súa débeda e tentar, deste xeito, escorrentar a pantasma de que a declaren insolvente.

De feito, e a primeira hora desta mañá, a CNMV decidira suspender de xeito cautelar a cotización de Pescanova en bolsa. Unha decisión tomada após que a empresa solicitase esa medida por retrasar a conta de resultados de 2012. E por que os retrasou? Pois fíxoo, segundo recoñece, até non ter certeza da venda de determinados activos de cultivo de salmón ou de como vai a renegociación da débeda a través do inicio do proceso de preconcurso de acredores.

Ampliación de capital e débeda

Pescanova fixo en 2012 unha ampliación de capital de 124,9 millóns de euros para reforzar os seus recursos propios e coa finalidade de afortalar a súa estrutura e diminuír o seu nivel de endebedamento. O pasivo de Pescanova ronda os 1.500 millóns de euros a finais de 2012, dos cales 459 millóns corresponden a acreedores comerciais

Comentarios