Pescanova pon proa á liquidación tras rexeitar a banca a proposta de Damm

As principais entidades acredoras comunican ao administrador concursal que acepte vender a pesqueira enteira á banca, que procuraría un socio industrial.

Pescanova navega cara a súa liquidación. O 'pool' bancario non quer a proposta de convenio presentada polos novos responsábeis da pesqueira con Damm á cabeza. Malia que nin principio semellaba que as entidades financeiras podían dar unha oportunidade a esa proposta, Economía Digital avanza que finalmente o 'pool' dí non a Carceller (propietario de Damm).

Segundo ED o 'pool' xa tería trasladado a Deloitte (administrador concursal) a súa negativa a se sumar e apoiar ese plan de Damm. Unha negativa que deixa só unha porta aberta: a liquidación de Pescanova. Tamén cabe a posibilidade de modificar o convenio, mais este xa está en mans do xuíz polo que eses cambios non poderían ser de calado.

A banca quer o control

As entidades financeiras terían, apunta ED, unha 'folla de rota' na que tomar o control de Pescanova é o obxectivo principal. Así, propoñen que unha vez aberta a fase de liquidación, se venda na súa integridade a pesqueira á banca. Esta procuraría un socio industrial e designaría un xestor.

Comentarios