Pesca, ciencia e política

Galiza concentra a metade da flota pesqueira española, a metade da industria de conservas e transformados mariños e un terzo da investigación mariña que se realiza no Estado.

 

Celeiro é un dos portos galegos máis expostos ao Reino Unido. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Celeiro é un dos portos galegos con máis actividade pesqueira . (Foto: Nós Diario)

As maiores capacidades para a investigación na área de pesquerías do Instituto Español de Oceanografía (IEO) se distribúen entre as sedes de Vigo e Coruña, sen embargo, a sede da área se acaba de fixar en Cantabria. Nunha decisión que reflicte o enésimo zarandeo que sufre esta institución.

Madrid

Primeiro veu o bloqueo burocrático da actividade científica revestido de controles de gasto, realizados por consultoras privadas con sede en Madrid, chegando a converter nun inferno a execución do orzamento, mesmo de programas financiados con fondos europeos.

Logo veu a adscrición, con criterios bastante discutíbeis, xa que teñen obxectivos diferentes, ao CSIC, como forma de resolver os problemas orzamentarios. O chocolate do loro, porque o infrafinanciamento da ciencia do Estado español non se vai a amañar recortando algúns cargos de xestión, senón financiando en igualdade cós países do noso entorno.

Ante a decisión da Ministra de Ciencia de levar a sede de pesquerías a Santander compre lembrar o obxectivo fundacional do IEO: “O estudo das condiciones físicas, químicas e biolóxicas dos mares que bañan o noso territorio coas súas aplicacións aos problemas da pesca". Entender os problemas da pesca implica procesos de colaboración, diálogo e interacción directa cós produtores e os decisores políticos.

IEO

Os problemas científicos deste tipo non acontecen no baleiro senón en circunstancias económicas, políticas, xeográficas, produtivas, culturais, sociais e ambientais específicas. Para responder a esa especificidade é para o que está o IEO.

Do mesmo modo, trasladar o coñecemento creado aos sectores que o necesitan require de espazos e mecanismos compartidos, nos que a posibilidade de interacción volve a ser esencial. E dicir, a innovación, o proceso de converter o coñecemento en mellores políticas e prácticas produtivas, beneficiase da proximidade.

Celebramos que se reduza a centralización de todo tipo de institucións en Madrid, pero iso é un mero centrifugado se non existe unha perspectiva de reforzar as especializacións existentes, de política de innovación e competitividade en definitiva.

Comentarios