Sermos313

Pensións galegas, 146 euros ao mes por debaixo da media estatal

Un dos problemas crónicos do modelo socioeconómico de Galiza son as pensións. Desde que existen rexistros estatísticos, este tipo de prestacións —principalmente as de xubilación, por seren as máis numerosas sitúanse, invariabelmente, no comboio de cola do Estado: un pensionista galego cobra, de media, 809,90 euros, segundo os últimos datos dispoñíbeis, correspondentes a agosto, o que supón 146 euros menos que a media estatal. A comparativa é aínda máis desfavorábel no caso vasco. Alí, un pensionista cobra perto de 1.190 euros ao mes.

 

Pensionistas, xubilados

Un dos problemas crónicos do modelo socioeconómico de Galiza son as pensións. Desde que existen rexistros estatísticos, este tipo de prestacións —principalmente as de xubilación, por seren as máis numerosas— sitúanse, invariabelmente, no comboio de cola do Estado: un pensionista galego cobra, de media, 809,90 euros, segundo os últimos datos dispoñíbeis, correspondentes a agosto, o que supón 146 euros menos que a media estatal. A comparativa é aínda máis desfavorábel no caso vasco. Alí, un pensionista cobra perto de 1.190 euros ao mes. 

As persoas pensionistas son un dos colectivos que máis se mobilizaron durante o pasado curso. As súas reclamacións por unhas prestacións dignas e pola súa indexación ao IPC centraron boa parte do debate político. A aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado, que contemplaron unha suba do 1,6%, tranquilizou parcialmente os ánimos, se ben a cifra é insuficiente para igualar o incremento da cesta da compra, que xa se sitúa, no acumulado deste ano, por riba do 2%. Esta batalla, ademais, localízase nun contexto económico, xa relativamente vello, que se manifesta na campaña propagandística de entidades bancarias e un bon número de economistas que, ante o baleiramento progresivo da caixa das pensións desde a etapa de Raxoi no Goberno, animan os traballadores a subscribiren plans de pensións privados para “complementar” as súas prestacións trala xubilación. 

5 (1)A reivindicación conxuntural que levou milleiros de galegas e galegos ás rúas agocha tras de si unha realidade estrutural que multiplica as eivas do sistema de pensións no país. As estatísticas son claras ao respecto e así fica reflectido no último informe, relativo ao mes de agosto pasado, emitido polo Instituto Nacional da Seguridade Social. A pensión media no país situouse en 809,90 euros mensuais, só por riba do que perciben os extremeños (794,91). No caso das xubilacións, esa pequena diferenza redúcese aínda máis: só 11 euros separan as contías en ambas as dúas Comunidades Autónomas. 

A relación co conxunto do Estado é aínda máis grave: 956,42 euros é o que percibe mensualmente, de media, un pensionista “tipo”, o que supón uns 145 euros máis que o que cobra un galego. E, a respecto dos territorios da parte alta do ranking, a desvantaxe dos pensionistas galegos agrándase de xeito considerábel: en Euskadi, 1.188,84 euros; en Madrid, 1.127,95 e en Asturias, 1.127,83. O estudo desmiuzado dos datos por provincias deixa ademais outro dato preocupante: Ourense é a última do Estado, con menos de 700 euros de media, unha situación insólita no mapa español. 

A respecto dos territorios da parte alta do ranking, a desvantaxe dos pensionistas galegos agrándase de xeito considerábel: en Euskadi, 1.188,84 euros; en Madrid, 1.127,95 e en Asturias, 1.127,83

Esta análise recente non pode ocultar tampouco a tendencia positiva, en termos absolutos, das pensións galegas. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, no ano 2002, co euro recén adoptado, a pensión contributiva media apenas superaba os 432 euros, o que reflicte que as persoas que desde aquela se foron incorporado á situación de inactividade –en termo empregado polo SEPE- fixérono en mellores condicións por razóns xeracionais, aumento das cotizacións durante a súa vida laboral e traxectorias profesionais máis longas. 

[A versión íntegra desta reportaxe, da que aquí oferecemos un extracto, podes atopala no Sermos313, disponíbel na nosa loxa e nos puntos de venda habituais]

Comentarios