Pensionistas volven saír ás rúas galegas na defensa de prestacións “dignas”

Xornada nacional de mobilización convocada esta quinta feira convocada pola CIG en 11 cidades e vilas.

pensións CIG
photo_camera Concentración na Coruña

Centos de persoas volven saír ás rúas de Galiza esta quinta feira, convocadas pola CIG, contra o ‘saqueo’ do sistema público de pensións e por unas prestacións dignas para persoas xubiladas e pensionistas. A Coruña, Boiro, Cee e Ferrol foron as cidades e vilas onde decorreron as primeiras concentracións, pois o groso das mesmas terá lugar durante a tardiña.

pensionistas cee

As mobilizacións enmárcanse na campaña impulsada pola CIG xa a finais de 2016 e pola recuperación de dereitos e por un emprego e unhas pensións dignas. O sindicato nacionalista afirma que as reformas impulsadas polo PSOE e o PP non fixeron senón dificultar o acceso ás pensións, empobrecelas e atratsar a idade de xubilación.

A CIG defende que as pensións sexan garantidas pola administración e lembra que en Galiza a pensión media é 15 puntos máis baixa que a media estatal. No estado español, as pensións fináncianse unicamente coas cotizacións das nónimas das persoas asalariadas e das empresas. Os orzamentos do estado non xogan aquí ningún papel. Mais, como aponta a CIG, das contas xerais si que saen partidas para, por exemplo, a Casa Real, o exército ou a igrexa. E por que non podería haber logo partidas para o sistema público de pensións?

FERROL PENSIÓNS

Mariano Rajoy

A respecto da intervención desta cuarta feira de Mariano Rajoy sobre pensións, a CIG considera que foi “insultante” porque fai “ouvidos xordos” ao clamor social en demanda de pensións dignas.

Fotografías: Concentracións na Coruña, Cee e Ferrol.CIG

Comentarios