A pensión galega é 15% inferior á media española

A segunda máis baixa de todo o Estado

anciáns vellos CC BY-3.0-ES 2012EJ-GVIrekia-Gobierno VascoMikel Arrazola

A pensión media en Galiza situouse en 782,6 euros ao mes, o que supón un incremento de 2% a respecto do mesmo mes do ano anterior, segundo os datos difundidos polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS). Porén, a pensión media en Galiza continúa moi por baixo da pensión media española, que é de 926 euros mensuais. Son 143 euros de diferenza.

Así pois, as pensións que se cobran en Galiza son 15% menos que as españolas. No noso país hai máis de 761.000 pensións. O groso das prestacións correspóndense con pensións por xubilación (473.437 persoas cunha medida de 890,91 euros). As pensións por viuvez son 187.564 e a contía media é de 550,42 euros. Hai 70.010 pensións por incapacidade permanente ( prestación media de 838,51 euros) e as 23.791 por orfandade ( 374,36 euros de media). 

Comentarios