Pedro Larrea, ex de Ferroatlántica, ficha por Naturgy

Moi achegado á familia Villar Mir e amigo persoal de Javier López Madrid.
Pedro Larrea, ex directivo de Ferroglobe, agora en Naturgy.
photo_camera Pedro Larrea, ex directivo de Ferroglobe, agora en Naturgy.

Pedro Larrea, o que fora conselleiro delegado de Ferroglobe, o grupo propietario de Ferroatlántica, muda de barco. Naturgy vén de incorporar o directivo como novo responsábel da área de de xestión da enerxía e redes, un dos tres grandes eixes da nova estrutura da eléctrica. 

Larrea, moi achegado á familia Villar Mir e amigo persoal de Javier López Madrid, deixou Ferroglobe a finais do pasado ano, após vender as factorías de Ferroatlántica en Cee e Dumbría (agora Xeal) ao non conseguir segregar a súa actividade da das centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande.

Na súa nova etapa, o directivo será o encargado de optimizar o negocio tradicional e a xestión das infraestruturas de xeración e distribución e terá moito que dicir nos plans da compañía para Meirama (Cerceda).

Comentarios