Peche indefinido en T-Solar contra o desmantelamento das instalacións

Traballadoras e traballadores da empresa iniciaron un peche indefinido para amosaren o seu rexeitamento ao desmantelamento das instalacións que dan emprego a 170 persoas. A deputada do BNG, Tereixa Paz e a concelleira da organización frontista en Ourense, Ximena González, acompañaron @s traballador@s na primeira xornada de peche

"Non se pode permitir o peche dunha empresa viábel e solvente" aseverou a deputada nacionalista no Parlamento, Tereixa Paz. A parlamentar permaneceu ao longo de toda a noite pechada nas instalacións de T-Solar en Ourense, acompañada pola concelleira do Bloque Ximena González. 

As traballadoras e traballadores desta empresa "punteira nas enexías renovábeis" protestan contra o peche das instalacións ourensás e exixen á Consellaría de Economía e Industria que acceda a manter unha xuntanza á fin de procurar unha solución que impida o desmantelamento de T-Solar. Neste senso, Paz, lembrou que o conselleiro Francisco Conde se comprometeu en sesión parlamentar a estudar calquera oferta que garantise a permanencia da actividade e dos 170 postos de traballo. 

Aliás, a deputada urxiu á Xunta a adoptar unha decisión perante as ofertas presentadas por diversas empresas antes de que a "situación sexa irreversíbel". Desde o BNG anunciaron que permanecerán pechad@s c@s traballadoras e traballadores até paralizar o desmantelamento de T-Solar. 

Comentarios