Mariñeiros do caladoiro mauritano péchanse no concello de Marín para exixiren o cumprimento dos acordos

Pola volta de medio cento de mariñeiros da frota cefalopodeira galega en Mauritania iniciaron esta segunda un peche no concello de Marín para reclamaren o cobro das axudas pactadas tras a súa expulsión deste caladoiro. O BNG transmitiu o seu apoio coa visita do voceiro nacional, Guillerme Vázquez
mauritania
photo_camera mauritania

Medio cento de mariñeiros, armadores e representantes sindicais, pasaron finalmente a noite en dependencias municipais para esixirlle aos responsábeis políticos que cumpran os acordos pactados.

Aliás, unha representación dos afectados reuniuse cos voceiros dos distintos grupos municipais para reclamarlles o seu apoio á manifestación que percorrerá as rúas de Marín este venres 14 a apartir das 20.30 horas.

Apoio do BNG

O voceiro nacional do BNG e a súa responsábel de Pesca, Guillerme Vázquez, e Montse Prado, desprazáronse até o consistorio desta localidade para apoiaren a reivindicación dos mariñeiros.

Cómpre lembrar que o 14 de decembro a partir das 20:30 horas, Marín acollerá unha manifestación en defensa de que se cumpran os acordos pactados.

Comentarios