Peche de delegad@s da CIG en edificios oficiais contra os orzamentos "antisociais"

CIG desenvolveu hoxe unha xornada de loita contra os orzamentos da Xunta para 2013, que considera antisociais e nada acaídos para loitar contra a crise.
CIG
photo_camera CIG

A CIG realizou hoxe asembleas de delegad@s e posteriores concentracións en diferentes cidades e vilas do país para mostrar o rexeitamento aos orzamentos da Xunta para 2013. Unhas contas que, sinala a central nacionalista, "amparadas na política da austeridade posta en marcha polo PP, levan á maioría social a unha situación de miseria e a un gran número de familias á exclusión social".

Após as nutridas asembleas, os e as presentes iniciaron unha serie de mobilizacións, nas que se procedeu a ocupar temporalmente diferentes edificios institucionais. En Compostela foi a Consellería de Traballo, en Pontevedra a Deputación e en Ourense a delegación da Xunta.

A central sindical denuncia ademais que estes orzamentos supoñen máis recortes en servizos públicos "e que non contemplan unha aposta clara por políticas activas de emprego e defensa dos nosos sectores produtivos, favorecendo así a emigración masiva da mocidade, e o empobrecemento das clases populares".

Comentarios