Santa Bárbara pecha a a factoría de armas na Coruña e despedirá os 180 traballadores

A Coruña perde este ano unha das súas factorías emblemáticas, Santa Bárbara. Pertencente ao grupo General Dynamics European Land System, esta fábrica de armas botará o peche nos vindeiros meses e os seus 180 empregados irán para a rúa
Santa Bárbara

As malas perspectivas do mercado de defensa é a xustificación dada polos responsábeis do grupo General Dynamics European Land Systems para pechar neste 2013 a factoría de armas coruñesa de Santa Bárbara. Unha decisión que implica o despedimento dos seus 180 traballadores. Esta medida adóptase, indican desde a General Dynamics, no marco do proceso de reestruturación que implica o peche de varias factorías no Estado español e un ERE para 700 operarios.

No plantel hai quen sinala que os propietarios, de EEUU, queren acabar coa industria militar española no camiño de desfacerse da competencia.

Porén, representantes do plantel de Santa Bárbara califican de "aberrante" que se peche a factoría coruñesa, e mesmo sinalan que a empresa de EEUU procuraba desde un principio acabar coa industria militar española no camiño de desfacerse da competencia. Desde os propietarios, sen embargo, indican que o peche de Santa Bárbara resposta a que "xa non era viábel".

Alén da factoría da Coruña, General Dynamics tamén levará despedimentos en Santa Bárbara de Asturies, con 280 despedimentos, entre outras fábricas de armas do Estado.

Comentarios