A patronal de Pontevedra marcha da CEG: “Non é unha perrencha”

Opta por abandonar temporalmente a Confederación de empresarios de Galiza en desacordo coa nova dirección.

A Xunta directiva da Confederación de Empresarios de Pontevedra acordou en Lalín darse de baixa temporalmente da patronal galega, a CEG, nunha decisión que terá que ser ratificada pola asemblea empresarial pontevedresa, que terá lugar a finais de marzo. “Non é unha perrencha”, afirmou Jorge Cebreiros, presidente da CEP, ao anunciar a decisión. Destacou que a provincia representa o 40% dos traballadores de Galiza e afirmou que a actual CEG, presidida por Antón Arias desde hai pouco máis dun mes, “non nos representa”. A vista agora diríxese aos empresarios de Ourense, que amagan con repetir a xogada de Pontevedra e tamén marchar temporalmente da CEG.

A decisión da patronal non ten precedente nos 36 anos de historia da CEG, organización que contribuíron a fundar. Iso deixaría a CEG constituída polas patronais da Coruña e Lugo para alén das sectoriais. Desde a patronal pontevedresa achacan varios “agravios” por parte do novo mando da CEG, como situar en responsabilidades importantes a persoas críticas coa actual dirección da CEP ou non involucrarse en cuestións importantes para esta provincia

Comentarios