A patronal galega afronta o risco do seu esfarelamento

A confederación de empresarios de Pontevedra debate se pide a baixa temporal na CEG, onde o seu novo presidente, Antón Arias, apenas leva un mes no cargo; alegando supostos “agravios”. A de Ourense formúlase seguir a vía dos pontevedreses. 

Antón Arias, presidente da Confederación de Empresarios da Galiza
photo_camera [Imaxe: TVG] Antón Arias

A patronal galega leva meses sendo noticia polo seu regueiro de conflitos e desavinzas internas que, polo que se ve, non acaban nin coa escolla dun novo presidente, Antón Arias. Algo, por outra parte, que se vía vir dado o grao de cainismo e fractura interna entre as diferentes patronais provinciais e mesmo dentro delas. Unha imaxe que de dar as organizacións sindicais poñería a estas, máis unha vez, na tesitura de ter que argumentar o seu simple dereito a existir.

A ‘guerra’ na patronal galega chega a un novo nivel. Vivirase esta segunda feira en Lalín, cando a Confederación de empresarios de Pontevedra (CEP) decida se solicita a baixa no seo da Confederación de Empresarios de Galiza (CEG), que por primeira vez se enfronta a esta situación. Jorge Cebreiros, presidente da CEP, apurouse a afirmar que esa baixa sería “temporal”. Un toque de atención a Antón Arias, a quen achaca varios “agravios” cara a patronal pontevedresa, cono situar en responsabilidades importantes a persoas críticas coa actual dirección da CEP ou non involucrarse en cuestións importantes para esta provincia.

Os empresarios de Ourense tantean a posibilidade se seguir o camiño de Pontevedra, o que deixaría a CEG constituída polas patronais da Coruña e Lugo para alén das sectoriais. Guerras localistas, intereses contrapostos e mesmo desacordo cun mensaxe do novo presidente da patronal galega que defende cuestións (trasferencia AP9 a Galiza, cuestionamento das reformas laborais, partidario de avaliar a conveniencia dunha renda básica..) que choca co sector máis conservador do empresariado galego.

Comentarios