A patronal ficha exdeputados de PP, PSOE e PDCat para facer de 'lobby' no Congreso

Martínez-Pujalte, exparlamentar do PP, Valeriano Gómez, exministro de Traballo no goberno de Zapatero, ou Carles Campuzano, deputado do PDCat na Cámara española, entre as incorporacións.

martinez pujalte pp
photo_camera Martínez Pujalte, exdeputado do PP no Congreso.

A patronal catalá, Foment del Treball, anunciou a fichaxe de altos cargos de diferentes formacións políticas que pasan a ser os seus conselleiros asesores, un cargo non retribuído economicamente. Valeriano Gómez, exministro de Traballo no goberno de José Luis Rodríguez Zapatero, Carles Campuzano, diputado do PDCat no Congreso na lexislatura que finalizou o 28 de abril; ou Vicente Martínez-Pujalte, exdeputado do PP na Cámara española, son algunhas desas fichaxes.

“Persoas de moito nivel e prestixio”, segundo o presidente da patronal catalá, Sánchez Libre, que aplaude estas incorporacións pois van supoñer “dar máis eficacia á xestión” ao tempo que garanten “máis contactos” no Congreso español e Parlamento europeo, así como cos gobernos catalán e español. Unha fichaxe coa que a patronal afirma que reforza o seu papel de “lobby” na procura de “defender os intereses” dos seus asociados.

Estas incorporacións foron feitas publicamente nunha rolda de impresa polo presidente de Foment. Algo que non é doado imaxinar en Galiza. Xa non só na patronal, senón nas administracións públicas, obrigadas a cumprir con normas de transparencia. Porén, hai un ‘apagamento’ da Xunta sobre as súas relacións con lobbies e grupos de presión. Unha proposición de lei do grupo socialista pide ‘luz e taquígrafos’ sobre as relacións destes grupos co goberno galego foi rexeitada. A negativa do PP a dar este paso “sementa dúbidas”. Sobre a mesa, casos como Ence ou a patronal do xogo.

Comentarios