sábado 29.02.2020

A patronal aplaude o adianto electoral de Feixoo e di que as empresas precisan “Gobernos fortes”

Representantes das sectoriais e dos empresarios de Pontevedra anuncian a súa intención de deixar a CEG (arquivo).
Representantes das sectoriais e dos empresarios de Pontevedra anuncian a súa intención de deixar a CEG (arquivo).

A Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) celebrou esta terza feira o avance na convocatoria das eleccións galegas -que terán lugar o 5 de abril-, e lembrou que, após dous anos de "campañas e incerteza" a nivel estatal, as e os empresarios precisan "Gobernos fortes" e non poden "estar nunha campaña de 6 ou 7 meses".

Así o trasladou, en declaracións aos medios, o presidente da CEP, Jorge Cebreiros, quen sinalou que "era bastante lóxico" que este avance se producise após o "movemento" do lehendakari vasco e tendo en conta que as tres últimas convocatorias electorais foron "aliñadas" na Galiza e Euskadi.

"Agora mesmo, os empresarios non poden estar nunha campaña de 6 ou 7 meses, cando procedemos de dous anos de campañas, incerteza, dúbidas. Necesitamos Gobernos fortes, sólidos e previsibles e canto antes as eleccións sexan mellores", afirmou.

comentarios