Pascual prepara o desembarco en Alimentos Lácteos e agarda o movemento da Xunta

O grupo Pascual, estaría a preparar un plan de desembarco nunha fábrica que coñece ben, a de Outeiro de Rei, pois nela operou durante case dúas décadas e é o que lla alugou a Alimentos Lácteos. Esta empresa ten a liña de produción paralizada e millóns de euros en débedas
Alimentos Lácteos

Desde 2010 na factoría de Outeiro de Rei operaba o grupo Alimentos Lácteos, que puxo en marcha dúas marcas (Deleite e Muuu) que atinxiron cota de mercado. Mais tresanos despois, Alimentos Lácteos está case que finiquitada: A cadea de produción leva máis dunha semana parada, a débeda ronda os catorce millóns de euros, os seus 81 traballadores afrontan un ERE e,aliás, produtores das cooperativas propietarias desta firma levan tempo tendo que vender leite noutras empresas.

O grupo Leche Pascual estaría a tantear o desembarco en Alimentos Lácteos para rescatala. Esa empresa burgalesa xa operou na factoría de Outeiro de Rei durante case 20 anos. De feito, alugoulla durante 10 anos a Alimentos Lácteos (que de plantel tiña @s operari@s que tivera Pascual).

Pascual estaría a preparar un plan de viabilidade coa finalidade de entrar en Alimentos Lácteos. Nese proxecto tería que entrar tamén a Xunta. O goberno autonómico xa achegou a Alimentos Lácteos por volta de seis millóns de euros (dous en avais e catro en préstamos). De feito, desde sindicatos agrarios como Fruga tense sinalado a Alimentos Lácteos como responsábeis de tirar os prezos que pagaba os produtores. Alén de denunciar que cooperativas se beneficiaban dese grupo, ás que se apuntaba como 'amigas' do goberno.

E @s traballadoras e traballadores?

O persoal acordoua finais da pasada semana esixir como premisa básica na negociación "garantías de mantemento da totalidade dos empregos actuais, planos de viabilidade críbeis e insistir no mantemento das condicións de saída pactadas no seu día con Leche Pascual", segundo indican desde a CIG.

Comentarios