A parte do pastel que levan firmas foráneas

Un 82% dos ingresos de industrias extractivas que actúan na Galiza vai para empresas que teñen a súa sede fóra do país. Un exemplo que fala por si propio e que serve para tomar o pulso a un elemento a ter en conta en calquera economía: quen son, e de onde son, os que levan partes gorentosas do pastel. Non só na industria, senón tamén en sectores como o comercio, o transporte ou a comunicación. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos 272.

[Imaxe: Wikipedia] Un encoro
photo_camera Imaxe: Nemigo (Galipedia)

3De cada cen euros que ingresan pola súa actividade as industrias de actividades extractivas que operan na Galiza (auga, enerxía, residuos) 82 van para o peto das empresas que teñen a súa sede central fóra do noso país. Un dado clarificador. Estamos a falar de sectores estratéxicos da economía e que na Galiza benefician en grande medida firmas cos seus centros de decisión alén do Padornelo. No caso da enerxía son tres xigantes, ningún deles galego, os que se reparten case todo o pastel: Gas Natural-Fenosa, Endesa e Iberdrola.

Esta é unha realidade que se presenta diáfana: o 34,1% dos beneficios da industria en Galiza lévao empresas con sede noutros territorios, porcentaxe ademais que é un aumento considerábel a respeito da parte do pastel que as firmas non galegas obtiñan no noso país en 2008 e que era do 28,5%.

Curiosamente, mentres aumentaba a parte de cifra de negocio industrial que as empresas con sede noutras autonomías obtiña no noso país, minguaban as persoas que traballaban nas mesmas: en 2008 o 11,3% do cadro de persoal do sector industrial galego traballaba nesas compañías foráneas, en 2016 é o 12,9%, o que supón catro décimas menos. 
 

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 272 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]

Comentarios