Paradores recibe o establecemento de Muxía após rematar as obras

O novo Parador de Muxía-Costa da Morte abrirá as súas portas antes da Semana Santa.
Parador de Muxía. (Paradores)
photo_camera Parador de Muxía. (Paradores)

Óscar López, presidente do organismo público Paradores recibiu esta segunda feira de mans de Isabel Oliver, presidenta de Turespaña, o Parador de Muxía-Costa da Morte unha vez rematados os traballos de construción do inmoble. No acto, ao que tamén asistiron o delegado do Goberno na Galiza, Javier Losada, a directora xeral de Turismo, Nava Castro, e o alcalde de Muxía, Iago Toba, o director de Paradores anunciou que o seu novo establecemento abrirá as súas portas a comezos de 2020 para estar xa plenamente operativo antes da Semana Santa. 

O novo Parador de Muxía é un inmoble de nova planta con case 15.000 metros cadrados integrado na paisaxe. Disporá de 63 habitacións, cinco de elas suites, spa, salón, zonas comúns, unha piscina infinity pool e dous ascensores panorámicos que se moverán en sentido diagonal para salvar o desnivel do terreo no que se asenta o edificio. A infraestrutura, que supuxo un investimento de 25 millóns de euros, era un dos compromisos para a dinamización económica da zona incluídos no Plan Galiza activado tras o afundimento do petroleiro Prestige en 2002.

Impacto para Galiza

Para Isabel Oliver, que este establecemento sexa unha realidade despois de tantos anos de obras "é emocionante". "Estamos convencidos de que suporá un polo de atracción económica para a zona da Costa da Morte e de creación de postos de traballo. Non me cabe dúbida de que para Muxía, para A Coruña e para Galiza en xeral terá un impacto moi positivo, proxectando unha imaxe de calidade e modernidade", indicou a secretaria de Estado de Turismo.

Comentarios