A pandemia deixa na Galiza 60.000 novos pobres

Unha de cada cinco galegos e galegas está en situación de ‘pobreza relativa’, segundo o informe de Oxfam.

enchufe_flickr pobreza luz

Segundo o informe elaborado por Oxfam. Se na Galiza pre-Covid a pobreza relativa atinxía 552.800 persoas, após o primeiro ano de Covid esa cifra aumenta até os 612.000.

Son 60.000 galegos e galegas máis en situación de pobreza relativa (persoas cunha renda inferior ao 60% da mediana). Galegos e galegas que viven cuns ingresos que abeiran os 9.000 euros anuais (nun fogar dunha soa persoa e con dados 2019). Isto é, con apenas 24 euros diarios.

As persoas en situación de pobreza na Galiza aumentaron, logo, durante estes meses de pandemia en 10%.Crecreu tamén a desigualdade. Esta crise ten entre os seus efectos que cada vez máis diñeiro estea en menos mans.

Unha fotografía que nos deixa o índice de Gini, que mide a igualdade económica do 0 (todos teñen o mesmo) a 100 (unha única persoa concentra toda a renda), é como Galiza se desprazou cara a unha maior desigualdade (0,98 nestes meses).

Sete veces

O informe indica que no Estado español as persoas máis pobres perderían ata sete veces máis renda que as máis ricas.

No Estado son 790.000 persoas as que entran na pobreza severa debido á Covid-19. Considérase pobreza severa ter que vivir con menos de 16 euros ao día.

Os  migrantes, novos e mulleres son os colectivos máis afectados pola desigualdade que provocou a pandemia. O desemprego chega ao 55% entre as persoas menores de 20 anos. As mulleres representan o 57% de todas as persoas  subempregadas e o 73% das que traballan a tempo parcial. Ademais, engaden, os ERTE evitan que 710.000 persoas caian na pobreza no Estado. 

Mentres, subliñan desde Oxfam, a fortuna dos 10 homes máis ricos do mundo aumentou no medio billón de dólares. “Con este diñeiro pódese financiar unha vacina universal para a Covid-19 e que garantiría que ninguén caese na pobreza como resultado da pandemia”. “No mundo, as mil maiores fortunas xa se recuperaron, mentres que ás persoas máis pobres levaralles unha década facelo”.

Comentarios