O pan galego terá o seu selo no mercado antes de final de ano

O borrador do regulamento que marcará a actividade da Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego publicarase no Diario Oficial da Galiza nas vindeiras semanas.

Pan galego (Xunta).
photo_camera Pan galego (Xunta).

O pan galego está máis preto de contar cun selo que dea conta das súas caraterísticas propias, que o fan un manxar tan apreciado. A idea da Xunta e do sector do trigo é que o certificado de Indicación Xeográfica Protexida (IXP) poida atoparse no mercado antes de que remate o ano. 

Así o sinalou o Gobierno galego nun comunicado após a reunión desta semana entre o conselleiro de Medio Rural, Xosé González, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez, e as representantes dos sectores implicados nesta IXP.

No encontro, o conselleiro avanzou que o borrador do regulamento que debe rexer a actividade da IXP Pan Galego e o funcionamiento do consello regulador publicarase "nas próximas semanas" no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Pasos a seguir

Unha vez aprobada e publicada no DOG a orden pola que se aproba o regulamento da IXP Pan Galego e do consello regulador, abrirán os rexistros de cada sector e "intensificarán os traballos" para que os productos co certificado poídanse atopar este ano no mercado.

A Xunta confía en que esta medida "beneficie a un gran número de pequenas panadarías", especialmente as das zonas rurais. Ademais, desde medio rural cren que a IXP vai "incentivar o cultivo de trigo" na Galiza, cun "impacto positivo nos ingresos das agricultoras, na recuperación do rural e mesmo para anticiparse aos incendios forestais.

Características

Para acollerse a IXP o pan deberá cumplir cunhas características que están recollidas na norma pendente de aprobar. Así, o texto sinala que o pan será de "corteza dura, miga esponxosa e alveolado abundante e irregular, que se elabora de forma artesanal con farina de trigo brando", que debe proceder, como mínimo 25% de trigos cultivados na Galiza, pertencentes a variedades e ecotipos autóctonos galegos.

Ademais, a normativa da IXP indica os formatos tradicionais que se admiten: bollo ou hogaza, rosca, bolla ou torta e a barra, igual que os pesos que poden ter. Outra das características do sello é a súa presentación en envases individuais co logotipo incluído.

Comentarios