Titulares das preferentes recuperarán como máximo o prezo do mercado máis un 10%

Hoxe @s titulares de accións preferentes veñen de recibir, da man do Consello de Ministros, o que máis temían: Perdas sobre os seus activos de até máis dun 70%
Marcha preferentes A Coruña
photo_camera Marcha preferentes A Coruña

Temíano desde hai tempo e esta sexta o consello de ministros veu confirmarlles que eses temores van ser unha realidade:Non poderán perceber polos seus activos un valor alén do que poña o mercado máis un 10 por cento. Ou sexa, que estes milleiros de afectad@s van ter que sumir perdas de até o 70% nos seus investimentos. E a isto hai que engadir que o FROB vai ter potestade para impor a canxe obligatoria, sen poder os e as afectadas recurrir a decisión.

O propio ministro De Guindos veu confirma esta mala noticia na rolda de prensa posterior ao consello de ministros desta sexta´, desmentindo así a líderes do seu propio partido, o PP, que viñan intentando calar a situación proetendedo solucións aos e ás afectadas. No consello de ministr@s decidíuse que se vai permitir cambiar as preferentes e débeda subordinada por accións, ofertar a recompra deses títulos por outros produtos financeiros, a redución do valor da débeda e a amortización anticipada a valor distinto do emitido.

Na súa comparecencia, e alén de dicir "que son cousas que non deberían terse feito", De Guindos declinou entrar a valorar a actuación das entidades financeiras ao colocar este tipo de participacións complexas entre pequenos aforradores

O BNG, resposta

O candidato do BNG á presidencia da Xunta de Galiza, Francisco Jorquera, denunciou esta tarde que co Real Decreto de Reforma Financeira aprobado esta mañá en Consello de Ministros “o Goberno sitúase do lado da gran banca, dos estafafores, e víralle as costas ás vítimas da fraude das preferentes”. Jorquera criticou que coa reforma aprobada esta mañá “o Goberno legaliza a estafa da que foron vítimas os subscritores de participacións preferentes”.

Jorquera non dubidou en afirmar que “o Goberno do Partido Popular legaliza o engano masivo do que en Galiza foron vítimas miles de de pequenos aforradores, legaliza a expropiación dos seus cartos a través dunha estafa cometida pola banca”.

Comentarios