Os sindicatos emprenden accións legais para reclamar a paga extra d@s empregad@s públic@s

CIG, CCOO, UGT e CSI-F anunciaron o inicio de accións legais conxuntas para reclamar a paga extra do ano 2012

As organizacións sindicais CIG, CCOO, UGT e CSI-F compareceron esta segunda feira para anunciar o inicio de accións legais conxuntas para reclamar a paga extra do ano 2012. A Área Pública da CIG subliña que actuará en todos os ámbitos nos que teña capacidade legal e agarda que coas accións xudiciais que se poñen en marcha en Galiza, tanto para o persoal laboral como funcionario, os gobernos central e galego “tomen nota e rectifiquen canto antes repoñendo o dereito constitucional de todas as traballadoras e traballadores a recibiren a paga extra”.

Na comparecencia de imprensa, @s representantes sindicais das organizacións con presenza na Mesa Xeral de Negociación de todo o persoal da Xunta de Galiza explicaron que o persoal laboral ten un ano para presentar as reclamacións por cantidades. En todo caso, subliñouse que conta co instrumento do Conflito Colectivo, que permite reclamar para todo o colectivo afectado e concede lexitimación para actuar aos sindicatos.

Comentarios