Os orzamentos do estado para 2013 fixan a perda de poder adquisitivo d@s empregad@s públic@s

O anteproxecto das contas xerais afonda no recorte e deterioro dos servizos, apuntan nos sindicatos

Conxelación seventual ou interin@salarial para @s empregados públicos, taxa de reposición nun 0%, non haberá contratacións de persoal eventual ou interinos (agás casos concretos)... O anteproxecto de orzamentos xerais do Estado español para 2013 incide, alertan nos sindicatos como a CIG, na liña de recorte e deterioro dos servizos públicos. O anteproxecto vén de ser presentado ás diferenetes centrais representativas, aínda que estas xa alertan que, "como vén sendo habitual", a convocatoria faise sen documentación previa dos temas que cómpre abordar. Iso implica que sexa imposíbel presentar alternativas ou ben tentar unha negociación.

O documento sinala que o persoal das administracións recuperará a paga extraordinaria de decembro para o vindeiro 2013. "Porén, o goberno do PP mantén a conxelación salarial, sen dar posibilidade á actualización da perda do poder adquisitivo acumulada desde 2009". Neste sentido, a Área Pública da CIG lembra que tan só neste ano, os empregados e empregadas públicas perderon case o 10% da súa capacidade adquisitiva (por mor da supresión da paga extraordinaria de decembro, que supón unha baixada do 7%, unida á suba do IPC, situado a remate de agosto no 2,7%). Así mesmo, mantense a prohibición de facer achegas a fondos ou plans de pensión ou previsión.

Taxa reposición

No que atinxe á taxa de reposición, esta mantense nun 0% para todo o sector público, agás en determinados sectores básicos, como Educación e Sanidade, onde será de até un 10%, ao igual que para os corpos e forzas de seguridade do estado, forzas armadas e corpos de loita contra a fraude fiscal. No entanto, segundo se informou na Mesa, non se producirán contratacións de persoal eventual ou interin@s, excepto naqueles casos inaprazábeis en sectores prioritarios ou que afecten a servizos públicos esenciais, mais coa autorización previa correspondente.

Aposta polo privado

A central sindical nacionalista advirte que tras estas medidas se agocha a decisión do PP de ir “adelgazando a administración”, que non é outra cousa que “abocar ao peche a certos servizos públicos porque non será posíbel os atender e favorecer a privatización dos cales sexan máis rendíbeis”.

Comentarios