mércores 05/08/20
O suplemento estará hoxe nos quiosques e na loja online co teu diario

Os impostos e os países prósperos, a debate nun novo caderno 'Producir'

Coincidindo co Día da Patria, o teu Nós Diario de sempre saca un caderno 'Producir' ben interesante. Poderás coñecer o golpe que levan as entidades financieras polas súas prácticas abusivas, cales son os Estados pequenos de máis éxito e os segredos da empresa Oemais.
Imaxe da capa do caderno 'Producir' (Foto: Nós Diario)
Imaxe da capa do caderno 'Producir' (Foto: Nós Diario)

Tes problemas co imposto de sociedades ou as comisións e peticións excesivas dalgúns contratos? A solución pode estar nas páxinas do caderno ‘Producir’ que sae hoxe á rúa acompañando ao teu Nós Diario.

Coincidindo co Día da Patria, Xabier Grandío Araujo reflexiona na capa sobre “O imposto de sociedades, debate pendente”. Pola súa banda, Lucía Rodríguez fala das “Cláusulas abusivas” que impoñen as entidades bancarias.

A apertura culmina cun artigo de Bernardo Valdés Paços na sección ‘Forza motriz’. “Nom son os ‘frugais’, é a UE” titula o autor.

(Podes ler os artigos do suplemento ‘Producir’, no Nós Diario, á venda no quiosque ou na nosa loxa)

De países, claros e escuros

A reportaxe central do ‘Saber facer’ vaiche contar, da man de Joám José Romero Durán, cales son os "Países pequenos e prósperos". É unha peza ben interesante que vai sorprender.

Este sábado, no ‘Pé a terra’ o economista Manoel Barbeitos fálache de “un acordo con claros e escuros”. No ‘Selfie’ colle a quenda o xerente de Oemais, Lucas Fernández.

A contracapa tamén inclúe o apartado ‘Quen fai que’, no que comparten verbas o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla, e o secretario xeral da Confederación Intersindical Galega (CIG), Paulo Carril. Tamén leva protagonismo o porto de Celeiro.

Suplementos diarios de carácter temático

'Coñecer’, ‘Aprender’, ‘Xogar’, ‘Gozar’ e ‘Producir’ publicaranse de terzas feiras a sábados co diario para ampliar a información relativa a patrimonio, historia, arte, ciencia, educación ambiental, ensino, actividade física, gastronomía, enoloxía, viaxes, sectores produtivos e iniciativas empresariais, entre outros. Unha aposta de Nós Diario no marco da celebración dos seus cen primeiros números en papel.

comentarios