Os estaleiros privados do Estado español van á folga xeral o día 20 de xuño

Os sindicatos convocan o paro ante a situación crítica deste sector e a ameaza de devolución do tax-lease. A protesta afecta a sete factorías galegas

Estaleiro Vigo
photo_camera Estaleiro Vigo

CIG, ELA, CAT. CCOO e UGT convocaron para o vindeiro 20 de xuño unha folga xeral nos estaleiros privados, un sector que na Galiza, principalmente na Ría de Vigo, é fulcral. A convocatoria faise perante a “crítica situación” que atravesa este ramo produtivo e pola “inertidume” sobre a resolución do tax-lease. Estas centrais tamén convocaron concentracións nos centros de traballo.

A xornada de paro afectará aos estaleiros galegos de Factorías Naval de Marín, Metalship, Armon, H.J Barreras, CNP Freire, F. Cardama, F. Vulcano e Valiña.

Os sindicatos convocantes demandan ao Goberno de España que afronte urxentemente a "crítica" situación pola que está atravesando osector naval privado.

Piden ao Executivo que resolva de forma inmediata e favorábel o expediente incoado pola Comisión Europea (CE) sobre o mecanismo fiscal que operou en España entre 2002 e2011.

Tamén demandan que se defenda o principio de confianza lexítima e seguridade xurídica ante a CE e que se demostre que esas supostas axudas achegadas ao sector non deberían ser obxecto de devolución.

.


 

Comentarios