Os estaleiros galegos continúan sen saber da promesa de Feijóo

Navantia e Barreras aínda non saben nada da prometida carga de traballo que fixo o PP en campaña electoral. O Concurso internacional en que se escollerá a construción de dous buques hotel, atrásase.
photo_camera Estaleiro de Barreras en Vigo

A anunciada construción de dous buques hotel, cun investimento segundo comentou Feijóo en campaña de 300 millóns de euros, atrásase. O goberno galego aínda non presentou no Parlamento galego ningún documento que certifique a existencia deses contratos nin explicou como quedaría a xestión despois do cambio de presidente na compañía petroleira mexicana.

As novas que chegan sobre unha das promesas electorais de Feijóo foron contraditorias desde o seu anuncio o ano pasado. Primeiro falouse de que o naval galego construiría 7 remolcadores ou mesmo 2 quimiqueiros, despois pasarían a ser floteis. Outro dos datos que mudaron foi a realización dese "suposto" contrato con PMI España para despois asegurar que era con PMI Norteamérica, ambas as dúas forman parte de Pemex Comercio Internacional, filial de PEMEX.

Concurso internacional

O proceso de adxudicación deses buques hotel, anunciado antes das eleccións, aínda non tivo lugar. PEMEX confirmara daquela que sería un concurso internacional da PEP (Pemex Exploración y Producción) quen decidiría que proposta levaría a construción desas embarcacións. A ese concurso presentaranse outras propostas internacionais, nomeadamente de países como Noruega e Holanda. Responsábeis de PMI aseguraron que "a construción deses buques esta asegurada" e se non gañaran o concurso "acudirían ao mercado internacional". O caso é que co ano iniciado en Navantia e Barreras aínda non comezaron a traballar nestes buques e o mutismo é absoluto.

Comentarios