Os directivos de Inditex embolsarán 91 millóns de euros en accións

A multinacional galega -denunciada por se beneficiar de man de obra barata, até en condicións semi-escravistas en estados como Bangla Desh- premia a súa cúpula directiva cun reparto de 900.000 accións, nun plan de incentivos que decorrerá até 2017.

O primeiro executivo da compañía con sede no polígono de Sabón, Pablo Isla, farase até con 60.000 accións. De acordo coa cotización actual, engrosará a súa xa considerábel fortuna persoal en 6,1 millóns de euros.

Inditex gañou no primeiro trimestre fiscal do presente exercicio 438 millóns de euros, un 2 por cento máis que o ano pasado. En vendas o grupo facturou 3.593 millóns de euros.

Os títulos de Inditex, cuxo staff directivo compóñeno arredor de 450 executivos, fecharon onte cunha suba do 3,5 por cento. Unha acción vale 101,3 euros.

Comentarios