Os concellos do Morrazo convocan unha manifestación unitaria de apoio aos preferentistas

A mobilización será a quinta feira en Cangas e exixirá solucións xa para @s milleir@s de estafd@s da comarca. Cifran en 60 millóns de euros os cartos atrapados neste calote nesa zona

Preferentes diante da Deputación de Pontevedra
photo_camera Preferentes diante da Deputación de Pontevedra

A semente posta polo Concello de Pontevedra coa convocatoria dunha manifestación de apoio aos e ás estafadas polas prefrentes ten continuidade. E da man dos cinco concellos da comarca do Morrazo (do BNG, PP e PSdeG), que se unen para convocar unha gran mobilización en defensa dos veciños e veciñas atrapadas neste calote.

Cangas será o escenario, esta quinta feira e a partir das 20:30, da manifestación, que se desenvolverá baixo o lema de “O Morrazo exixe solucións'. Os rexedores destes concellos avogan porque todos e todas as prexudicadas poidan recuperar todos os seus aforros.


 

Comentarios