sábado 11.07.2020

Os lucros empresariais aumentan en detrimento duns salarios cada vez máis baixos

Coa crise caen os salarios, mais aumentan as rendas empresariais. Os salarios [email protected] [email protected] reducíronse pouco a pouco desde 2010 ao tempo que as rendas empresariais aumentan (por volta dun 5% nun ano). Imaxe clara dunha crise que non bate en todas as persoas por igual.
Os lucros empresariais aumentan en detrimento duns salarios cada vez máis baixos

A queda de emprego provocou que  as e os [email protected] perdan 25.842 millóns de euros neste exercicio, entrementres os empresarios recuperan por volta de 12.000 millóns. A fenda entre ambos os dous sectores é de perto dei 38.000 millóns. Durante este ano a renda salarial descendeu en máis de 16.800 millóns de euros. En termos relativos, un retroceso de 5,1%.

De forma paralela, as rendas empresariais recuperáronse ao longo dos tres primeiros trimestres, cun aumento do 2,64%. 

En estudos como '2011: Un mal ano para o emprego', elaborado pola secretaría de apoio técnico do Gabinete de economía da Confederación intersindical galega, chaman a atención sobre unha circunstancia: a actividade económica (e o lucro empresarial) continúan medrando. 

Desigualdade

Hai crise, si, un feito que ten a súa principal constatación no desemprego (por volta de 270.000 persoas na Galiza nesta situación, cunha taxa de incremento por riba mesmo da media estatal en diversos sectores). Mais, como se constata no mencionado estudo, “menos traballadoras e traballadores realizan un traballo maior (cae o emprego, medra a actividade económica, polo tanto aumenta a denominada produtividade aparente -dividir a produción entre o número de [email protected] do traballo), cuxa plusvalía acumula integramente o capital”.

comentarios