O PP non deixa pasar ningunha emenda aos orzamentos

O PP volveu botar man da súa maioría absoluta, nesta vez na Comisión de Economía do Parlamento, para rexeitar as emendas da oposición aos orzamentos 2013. Unhas contas que volven ao pleno sen sofrer apenas variacións na súa tramitación, o que xerou o malestar na oposición ante unha actitude "non democrática"
Pedro Puy
photo_camera Pedro Puy

Sen novidade na fronte parlamentar. O PP aplica o rodiño,máis unha vez, e as achegas e propostas da oposición (sexan de PSOE, AGE ou BNG) fican en papel mollado. Volveu acontecer esta segunda feira, desta vez na Comisión de Economía; Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galiza. Unha cita previa ao retorno dos orzamentos para 2013 ao pleno e na que o PP volveu empregar a súa maioría absoluta para rexeitar as enmendas a debate.

Os orzamentos de 20134 "teiman nas políticas de austericidio, que só producen máis paro e desigualdade", denunciou Aymerich (BNG)

"Se os orzamentos que entran son idénticos aos que saen, isto non é un Parlamento, é unha oficina de trámite" sinalou Beiras (AGE)

O voceiro do BNG na comisión, Carlos Aymerich, calificou de "continuistas" os orzamentos, denunciando que os mesmos "teiman nas políticas de austericidio, que só producen máis paro e desigualdade". Estes orzamentos só "van agravar a crise".

Desde o PSdeG-OE lamentaron que malia, durante todo o proceso de tramitación das contas autonómicas, ter presentadas máis de 500 enmendas, a práctica maioría tiveron o non por resposta. AGE, a través de Xosé Manuel Beiras, indicou que "se as contas que entran son idénticas ás que saen, isto non é un Parlamento, é unha oficina de trámite", criticando que "vostedes (ao PP) non aceptaron ningunha enmenda relevante" da oposición.

"Se os orzamentos que entran son idénticos aos que saen, isto non é un Parlamento, é unha oficina de trámite" sinalou Beiras (AGE)

PSdeG-PSOE, BNG e AGE coincidiron en lamentar a actitude do PP de se limitar a facer valer a súa maioría absoluta para sacar adiante os orzamentos sen sequer "molestarse" en ter en conta as enmendas e achegas presentadas. "Por favor, non ofendan máis á intelixencia", emprazou Beiras aos conservadores.

Desde as fileiras populares, Pedro Puy, voceiro na comisión de Economía, limitouse a defender as contas "tal e como están" e a lembrar a maioría do PP.

Comentarios